Saltar ao contido

Isabel Rodríguez Mate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel Rodríguez Mate
Biografía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora, profesora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5064389 Dialnet: 2341368


Isabel Rodríguez Mate é unha historiadora e profesora galega que ten no seu legado diversas contribucións aos estudos feministas e de xénero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2016 doutorouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada en Historia e DEA en Estudos Contemporáneos. Na súa tese Xénero, ordenamento xurídico e acción social (1812-1981), dirixida por Isabel Diz Otero[1],analízanse as actuacións promovidas polo descontento fronte aos agravios xurídicos que afectaban ás mulleres galegas, nun marco temporal que comprende desde os albores do proceso de construción do sistema liberal no Estado español até a Transición política en Galiza após a morte de Francisco Franco.

Coordinou a investigación e selección de documentos da obra 22 Documentos do feminismo galego editada pola Fundación Galiza Sempre no 2010.[2][3][4][5]

Realizou o guión, investigación e documentación da exposición itinerante (levada, entre outros lugares, á Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Porriño, Allariz ou Foz) organizada pola Fundación Galiza Sempre titulada Feminismo galego, cambios sociais e dereitos das mulleres.[6]

Escribiu os estudos: A participación política das mulleres galegas no primeiro terzo do século XX. O galeguismo e Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus (2023). Santiago: Laiovento. 226 páxs. ISBN 978-84-8487-633-5, así como diversos artigos ou colaboracións en revistas de carácter histórico e feminista.[7]

  1. Rodríguez Mate, Isabel Rodríguez (2016). Xénero, ordenamento xurídico e acción social (1812-1981): o caso galego (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. Documentos do feminismo galego. Santiago de Compostela: Fundación Galiza Sempre. 2011. ISBN 9788493610043. OCLC 752062118. 
  3. "Monforte presenta los «documentos» del feminismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-11-22. Consultado o 2019-07-08. 
  4. "La fundación Galiza Sempre recupera veintidós documentos del feminismo gallego". www.amecopress.net. Consultado o 2019-07-08. 
  5. País, Ediciones El (2011-02-21). "La fundación Galiza Sempre recoge en un libro documentos históricos del feminismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-07-08. 
  6. Atlántico. "Un berro pola igualdade". Atlántico (en castelán). Consultado o 2019-07-08. 
  7. Mate, Isabel Rodríguez (2008). "O sufraxio feminino a debate en Galiza: a constitución de 1931". Andaina: revista do Movemento Feminista Galego (50): 12–19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]